BERLÍN
Konzerthaus Berlin
A sala de concertos de Berlín (en alemán: Konzerthaus Berlin), é un edificio situado na praza Gendarmenmarkt, no centro de Berlín, que se utiliza como sala de concertos. Foi construído por Friedrich Schinkelentre 1818 e 1821.
O tradicional teatro alcanzou numerosos momentos culminantes na vida cultural de Berlín, por exemplo coa lendaria representación da obra Der Freischütz (O cazador furtivo), de Carl Maria von Weber, no ano 1821, a estrea en Berlín da Sinfonía n.º 9 de Ludwig van Beethoven, así como a famosa representación da Sinfonía n.º 9 coa "Oda á liberdade", en decembro de 1989 baixo a dirección musical deLeonard Bernstein.
O Campo de Concentración de Sachsenhausen foi construído en 1936 por prisioneiros doutros campos de concentración. O recinto, ideado como campo de concentración "típico e ideal", trataba de plasmar a imaxe do mundo do nacionalsocialismo e someter os prisioneiros ao poder das SS.

A Columna da Victoria é un dos símbolos distintivos de Berlín máis famosos. O "asno de ouro", como lle coñece popularmente, construíuse entre 1864 e 1873 baixo a dirección de Heinrich Strackna entón chamada Königsplatz (hoxe Praza da República) e actualmente está protexida como monumento nacional.
A escultura de bronce, realizada por Friedrich Drake, cos seus 8,3 metros de altura e as súas 35 toneladas de peso, representa a Victoria cunha coroa de loureiro, un caso decorado cunha aguia e o símbolo da Cruz de Ferro. Victoria é a deusa dos triunfos segundo a mitoloxía romana, representada por esta estatua.
A Porta de Brandeburgo (en alemán: “Brandenburger Tor”) é a porta de acceso ao "Novo Berlín" da época. O monumento atópase no centro de Berlín, sendo o símbolo máis representativo da cidade. Está situado na Praza de París, formando o final da avenida Unter den Linden e marcando o comezo do gran parque Tiergarten e da avenida Straße den 17. Juni. Nas proximidades atópanse tamén o Reichstag e a Potsdamer Platz.
CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE SACHSENHAUSEN
O Campo de Concentración de Sachsenhausen foi construído en 1936 por prisioneiros doutros campos de concentración. O recinto, ideado como campo de concentración "típico e ideal", trataba de plasmar a imaxe do mundo do nacionalsocialismo e someter os prisioneiros ao poder das SS.
O Campo de Concentración Sachsenhausen non deixa indiferente ningún dos seus visitantes. Durante o percorrido polos barracóns nos que se amoreaban os internos, internarédesvos na dura historia que tivo lugar no recinto, visitando a enfermaría, na que moitos faleceron debido a crueis experimentos, ou tomando lugar no patio no que os facían formar durante longas horas mentres algúns se derrubaban debido ao esgotamento, o frío ou a calor.
A Catedral de Berlín (Berliner Dom) álzase maxestuosa nas proximidades do Río Spree, coroada por unha cúpula de cobre de cor verdosa.
BERLINER DOM
Trátase do edificio relixioso máis representativo de Berlín, situado en fronte do xardín Lustgarten, entre a Isla de los Museos e o solar antes ocupado polo Pazo Imperial.
O traxecto cara á cúpula realízase por un camiño algo desastroso, coma se se fose a chegar a un faiado abandonado pero, tras subir os 270 chanzos que levan ata o alto da cúpula da catedral, pódese gozar dunhas preciosas vistas do centro de Berlín que fan que realmente pague a pena o ascenso.

COLUMNA DA VICTORIA
A Columna da Victoria é un dos símbolos distintivos de Berlín máis famosos. O "asno de ouro", como lle coñece popularmente, construíuse entre 1864 e 1873 baixo a dirección de Heinrich Strackna entón chamada Königsplatz (hoxe Praza da República) e actualmente está protexida como monumento nacional.
A escultura de bronce, realizada por Friedrich Drake, cos seus 8,3 metros de altura e as súas 35 toneladas de peso, representa a Victoria cunha coroa de loureiro, un caso decorado cunha aguia e o símbolo da Cruz de Ferro. Victoria é a deusa dos triunfos segundo a mitoloxía romana, representada por esta estatua.
Portal De Branderburgo
Importantes sucesos na historia de Berlín están ligados á Porta de Brandeburgo.




No hay comentarios:
Publicar un comentario